Víctor Álvarez del Caño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1968 Castrelo de Miño, España |
Morte | 13 de febreiro de 1993 (24 anos) Silleda, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Sta. María de Castrelo de Miño |
Formación profesional | Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | 1987 a 1993 |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Irmáns | César del Caño |
Páxina web | Sitio web do autor |
Víctor Álvarez del Caño, Víctor A. del Caño, ou Víctor del Caño, nado en Castrelo de Miño o 27 de maio de 1968 e finado en Silleda o 13 de febreiro de 1993, foi un poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha mestra de educación primaria e dun labrego, a súa infancia transcorre en Castrelo de Miño, onde está situado o fogar familiar. Trala súa orfandade, ós oito anos, múdase ó concello de Cartelle (provincia de Ourense), lugar no que ha residir ata a maioría de idade. Cursa o bacharelato no Seminario de Ourense e posteriormente estudos de Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía nas universidades de Compostela e Salamanca. A súa formación viuse truncada por causa da súa morte ós vinte e catro anos, nun accidente de tráfico na estrada N-525 á altura de Silleda.[1]
A súa actividade literaria abrangue un período aproximado de seis anos, comprendido entre 1987 e 1993. En xullo de 2018 publicouse, a título póstumo, o poemario A pel do silencio, en edición limitada numerada, que contén sesenta e cinco dos seus poemas. A produción poética de Víctor Álvarez del Caño engloba obras escritas tanto en galego como en castelán, non en van á súa xenealoxía por rama paterna, de devanceiros enraizados na comarca do Ribeiro, cómpre sumar o sangue castelán achegado pola do seu bisavó materno.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- "Chove miudiño" e "Escoita", poemas en Esa manía túa de vivir en presente, 1994.[3]
- A pel do silencio, 2018. Poemario póstumo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Recordando a Víctor Álvarez del Caño". La Región (Suplem. Vida). 22/7/2018. p. 24.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "'A pel do silencio', poesía de Víctor del Caño, sale a la luz 25 años después". Faro de Vigo (en castelán). 18/7/2018. p. 8.
- "El poemario póstumo de Víctor del Caño". La Voz de Galicia (en castelán). 17/7/2018. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 08/08/2018. Consultado o 08/08/2018.